Alicia Alonso

Alicia Ernestina de la Caridad del Cobre Martínez del Hoyo, nada na Habana o 21 de decembro de 1920 e finada na mesma cidade o 17 de outubro de 2019, foi unha bailarina e coreógrafa cubana coñecida como Alicia Alonso, ''Prima Ballerina'' do Ballet Nacional de Cuba, famosa polas súas representacións de ''Giselle'' e ''Carmen'', ademais doutras grandes obras do repertorio clásico e romántico. Estaba considerada a figura principal do ballet en Latinoamérica e un dos grandes mitos da danza. proporcionado por Wikipedia