Víctor Blanco

Víctor Blanco Rodríguez, nado en Campaña (Valga) o 27 de febreiro de 1946, é un empresario e dirixente deportivo galego-arxentino, que exerceu como presidente do Racing Club entre 2013 e 2024. É un dos presidentes con máis éxito da historia do club, co que conquistou un total de sete títulos, entre eles dúas ligas de Primeira División e unha Copa Suramericana.

Fóra do fútbol, os seus negocios están vencellados principalmente á hostalaría, xestionando varios restaurantes, locais de entretemento e hoteis, como o emblemático Hotel Savoy de Buenos Aires. proporcionado por Wikipedia
2