Judith Butler

Judith Butler. miniatura|300px|Judith Butler.

Judith Butler, nade en Cleveland (Ohio) o 24 de febreiro de 1956, é unhe intelectual postestruturalista e destacade pensadore feminista estadounidense. Realizou importantes achegas no eido do feminismo, da filosofía política e da ética, e foi unhe das teóricas fundacionais da teoría queer. É considerade “unha das voces máis influentes na teoría política contemporánea” e a teoría de xénero máis lida e influente do mundo. Ao longo dos anos, Butler apoiou aos movementos sociais polos dereitos LGTBQ+ e pronunciouse sobre moitos temas políticos contemporáneos, incluíndo o sionismo, a política israelí e os seus efectos no conflito palestino-israelí. Na actualidade é membro do Consello Asesor de Jewish Voice for Peace e no seu comité para a Liberdade Académica e na xunta do Center for Contitutional Rights en Nova York. proporcionado por Wikipedia