Brian May

[[Queen Brian Harold May, nado en Hampton, Londres, Inglaterra, o 19 de xullo de 1947, é un músico e astrofísico británico, coñecido mundialmente por ser guitarrista, compositor, vocalista e, ocasionalmente, teclista da exitosa banda británica Queen.

Compuxo moitos dos grandes éxitos de Queen e utiliza unha guitarra eléctrica feita por el mesmo, chamada ''Red Special.'' É considerado un dos guitarristas máis grandes e orixinais da historia. En 2003, a revista Rolling Stone incluíuno no posto 26 da súa lista dos guitarristas máis grandes de todos os tempos. En 2011, a mesma revista, nunha nova lista, situouno no posto número 26. En 2005 unha entrevista de Planet Rock colocouno no posto 7 dos mellores guitarristas.

En 2005 foi nomeado comendador da Orde do Imperio Británico polos seus "servizos á industria da música". May obtivo o doutoramento en astrofísica no Imperial College e en abril de 2007 foi elixido reitor honorífico da Universidade John Moores. proporcionado por Wikipedia
1