Adam Smith
Adam Smith, nado en Kirkcaldy en 1723 e finado o 17 de xullo de 1790, foi un economista, filósofo escocés,}} pioneiro da economía política e figura clave da Ilustración escocesa, considerado un dos maiores expoñentes da economía clásica. Considerado o "pai da economía" ou o "pai do capitalismo", Smith escribiu dúas obras clásicas, ''The Theory of Moral Sentiments'' (1759) e ''A riqueza das nacións'' (1776). Este último, está considerado a súa obra magna e o primeiro traballo moderno de economía. Nesta obra, Smith introduciu a súa teoría da vantaxe absoluta.Adam Smith baseaba o seu ideario no sentido común. Fronte ao escepticismo, defendía o acceso cotián e inmediato a un mundo exterior independente da conciencia. Este pensador escocés cría que o fundamento da acción moral non se basea en normas nin en ideas nacionais, senón en sentimentos universais, comúns e propios de todos os seres humanos. ''A riqueza das nacións'' foi un precursor da moderna disciplina académica da economía. Neste e noutros traballos, desenvolveu o concepto de división do traballo e expuxo como o interese e a competencia racionais poden levar á prosperidade económica. Smith foi controvertido no seu día e o seu enfoque xeral e estilo de escritura foron a miúdo satirizados por escritores como Horace Walpole. proporcionado por Wikipedia
1
Repositorio UNA
artículo
por Krichilsky, Erin, Vega-Hidalgo, Álvaro, Hunter, Kate, Kingwell, Callum, Ritner, Chelsey, Wcislo, William, Smith, Adam
Publicado 2020
Institución:
Universidad Nacional de Costa Rica
Repositorio:
Repositorio UNA
2
Repositorio UNA
artículo
por Vega-Hidalgo, Álvaro, Añino Ramos, Yostin Jesús, Krichilsky, Erin, Smith, Adam R., Santos Murgas, Alonso, Gálvez, Dumas
Publicado 2021
Institución:
Universidad Nacional de Costa Rica
Repositorio:
Repositorio UNA